Tras 80 anos viaxando cos nosos autocares (Autocares Vda. de Cándido), decidimos embarcarnos nunha nova aventura que nos complementa, “Mis Viajes con Pancho”, nosa propia axencia de viaxes. O que pretendemos é poder darvos un servizo máis completo. Desde todo tipo de transporte (aire, terra e mar), guías, consello e reserva de restaurantes, xestión de entradas... A idea é conseguir unha maior comodidade para os nosos clientes, xa que contan con absolutamente todo desde unha soa oficina, sempre coa confianza de que somos unha empresa de toda a vida, e por suposto ser máis competitivos, xa que ofrecemos un mellor prezo ao estar todo integrado.